OS NOSOS VIÑEDOS
TERRA E VIÑEDOS
O viñedo é, na súa totalidade, da variedade autóctona albariño. Caracterízase pola utilización da parra como sistema conductivo e así mesmo por estar situado en localizacións diferentes, aínda que todas elas todas nun radio duns 10 km, preto do mar.
A configuración do terreo non é dispar aínda que si moi especial; trátase sobre todo de solos de xabre, resultantes da descomposición de roca granítica cunha gran capacidade de drenaxe.
As características climatolóxicas da contorna unidas á morfoloxía dos solos (pobres, ácidos, areosos e delgados) proporcionan ás nosas uvas unhas características propias de aroma e frescura.
VENDIMA
Tras un traballo rigoroso no campo e os controis de maduración pertinentes, é a propia adega a que determina a data de inicio da vendima, que normalmente adoita ser a segunda quincena de setembro.
Toda a vendima faise de xeito manual, coa escolla dos acios no propio viñedo. O transporte á adega é inmediato e en pequenas caixas perforadas de plástico, para que a uva chegue enteira e nas condicións óptimas para a vinificación.
Posteriormente o mosto flor trasládase aos depósitos de aceiro inoxidable, onde comezará o proceso de fermentación.
DESTILACIÓN
Elaboramos as nosas augardentes seguindo o método tradicional galego a lume directo en alambiques de cobre con dobre destilación.